12 nov 2015

O día en que ESF migrou a Telegram

A raiz da segunda reunión esfeira do grupo de comunicación que tivo lugar en setembro, xurdiu entre a base social a idea de migrar nos sistemas de mensaxería instantánea para a comunicación interna dende Whatsapp a Telegram.

O bó de Telegram non é só que o seu nome sexa mais vintage, dándolle a ESF un toque mais acorde coas últimas tendencias hipster na moda. É moito mais ca iso!

En primeiro lugar, Telegram está baseado en software libre, o cal quere dicir que o seu código é aberto, modificable e difundible por calquera que o desexe e saiba algo de programación. ESF posiciónase a favor do software libre por entender que é unha tecnoloxía para o desenvolvemento humán. A diferencia de Whatsapp, Telegram non está xestionado por unha empresa privada, que neste caso é Facebook, senón que está xestionada por un grupo de usuarios. Sempre cabe a posibilidade de que ese grupo de usuarios teña un carácter déspota, e quera aproveitarse da nosa información por motivos escuros. Polo que se ve na prensa, a primeira vista non parece que iso sexa así.

Pero, mais alá de estar baseado no software libre, hai mais motivos que convidan a pensar que hai boas intencións detrás de Telegram. Entre outras posibilidades, Telegram ofrece a posibilidade de ter chats secretos, nos que a información non se chega a almacenar en ningún servidor externo, senón que só chega aos dispositivos móbiles e dura un tempo limitado neles. E ata te avisan se a outra persoa fai unha captura de pantalla co teu texto! Isto contrasta coa política de Whatsapp, onde nin sequera ofrecen esa posibilidade.

A maiores do software libre e de ofrecer privacidade, Telegram tamén ofrece moitas pequenas vantaxes:
  • permite contestar referíndose específicamente a unha mensaxe, 
  • permite cargar arquivos moito mais pesados, 
  • permite facer uso de #hashtags e de @mencións de persoas,
  • permite ter un nome de usuario de tal maneira que poidas chatear sen necesidade de dar o teu número de teléfono
  • e ten un servidor de ordenador moito mellor que o do Whatsapp, dende o que podes borrar todos os teus chats en caso de que te roben o teléfono.
Pero, sen dúbida, a mellor das vantaxes do Telegram está nos emoticonos. Frente á impresionante gama de Whatsapp limitada aos emoticonos do teclado (que inclúe unha gran variedade de cadrados negros e de reloxos marcando diferentes horas), Telegram incorpora emoticonos e stickers de indudable valor expresivo, ademais de que permite usar GIFs e bots (investiga para saber o que é!). Ainda sen todo o demais, só polos emoticonos pagaba a pena migrar a Telegram.

E, despois de toda esta perorata, preguntarédevos: ''que interese ten este rapaz en soltar unha exhortación sobre as innúmeras vantaxes do Telegram?'' Só direi que ninguén se comprometeu a invitarme a unha mariscada por isto, de modo que non é preciso que pasedes o martes que ven pola marisquería El Capitán, no casco vello de Vigo, para comprobar que non estoy alí. Detrás disto non hai mais interese que pregonar o uso de tecnoloxías para o desenvolvemento humán, en prol dun mundo mais xusto.



No hay comentarios: